Locución para Radio e TV. I e II
O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza os días 20, 22, 27 e 29 de xaneiro e 3 de febreiro., entre as 17:00 e as 19:00 horas, o curso online Locución para Radio e TV. I e II, impartido por José Antonio Meca. O curso ten unha duración de 15 horas combina teoría e práctica para mellorar a comunicación oral e a seguridade fronte ao micrófono. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o webinar ten un prezo reducido de 60 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.
O curso abrangue todos os aspectos esenciais da locución, desde o funcionamento do aparello fonador ata a lectura fragmentada e piramidal. Os participantes aprenderán técnicas avanzadas para coidar a súa voz, mellorar a articulación e manexar diferentes estilos de lectura.
José Antonio Meca é xornalista e conta con máis de tres décadas de experiencia, traballando como locutor, redactor xefe e director en medios como Onda Cero, Canal Sur e o Grupo Editorial Prensa Ibérica. Ademais, é autor do manual La substancia de la voz e participou en proxectos de dobraxe, publicidade e ficcións sonoras para diversas cadeas e produtoras. A súa experiencia docente inclúe formación en locución e comunicación en institucións como a Universidade de Granada e a Escola de Radio e Televisión.
Para inscribirse, as persoas interesadas deben cubrir o formulario online antes da realización do curso. Máis información na web do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía.
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.