Métricas en redes sociais

O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza o luns 7 e mércores 9 de abril, entre as 16:30 e as 19:30 horas, o obradoiro ‘Métricas en redes sociais’, impartido por Tania Brandariz Portela. O obradoiro desenvolverase en formato 100% online. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o taller ten un prezo reducido de 10 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.

O obxectivo da formación é dar a coñecer a importancia dos datos na súa aplicación ás distintas estratexias de comunicación corporativas e as técnicas básicas para a análise de métricas e contido en redes sociais e web. O alumnado poderá coñecer os conceptos teóricos básicos para realizar métricas sobre redes sociais, así como a súa utilidade para a propia estratexia de comunicación da empresa ou institución.

Tania Brandariz Portela é doutora en Xornalismo e profesora na Universidade Nebrija. Imparte docencia sobre Comunicación Política, Comunicación Institucional e Opinión Pública. Especializouse na análise de datos na rede, especificamente en métricas para redes sociais e monitorización da opinión pública.

Para inscribirse, as persoas interesadas deben cubrir o formulario online antes da realización do curso. Máis información na web do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía.