Mulleres que fan paz
O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza o día 4 de marzo, entre as 17:00 e as 19:00 horas, o obradoiro ‘Mulleres que fan paz’, impartido por Patricia Simón. O obradoiro desenvolverase en formato 100% online. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o taller ten un prezo reducido de 35 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.
O obxectivo deste obradoiro é abordar as figuras de activistas comunitarias que loitan pola resolución dos conflitos no marco dos dereitos humanos e que traballan pola paz nas súas comunidades..
Patricia Simón é reporteira, xornalista de investigación e escritora. Autora de Miedo, Lo que la guerra transforma, Narrar el abismo y Guerra, paz y periodismo en coautoría con Jon Le Anderson, entre outros libros. Especializada en conflitos e crises humanitarias, foi recoñecida co premio da Asociacion Española de Mujeres de los Medios de Comunicación en 2013, co premio internacional Manuel Chaves Nogales e co premio Bones Pràctiques de Comunicació No Sexista da Associació de Dones Periodistes de Catalunya en 2022. Realizou coberturas en máis de 30 países, cubrindo as guerras do Líbano, Colombia, Ucraína, Mali e da Palestina, entre outros momentos históricos..
Para inscribirse, as persoas interesadas deben cubrir o formulario online. Máis información na web do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía ou no correo electrónico administracion@periodistasandalucia.es.
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.