Narrativas alternativas aos discursos de odio
O proxecto europeo ReTo (do que forman parte CIFAL Málaga, o Comité Olímpico Español, a Asociación La Guajira, o Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía, a Fundación CIEDES e o Movimiento contra la Intolerancia) organiza o curso online gratuíto Narrativas alternativas aos discursos de odio. Casos prácticos e simulación de cobertura informativa inclusiva e responsábel, impartido por Ángel Galán e Gloria López, que terá lugar o 9 de maio de 2026 das 18:00 ás 21:00 horas. Este curso está integrado dentro do programa formativo Xornalismo ético fronte ao odio, dirixido a xornalistas, estudiantes de xornalismo, comunicadores, estudantes de publicidade, publicistas, traballadores e educadores sociais, letrados e outras persoas interesadas na materia.
Este curso consta de dous módulos: Narrativas alternativas aos discursos de odio, no que se analizarán coberturas reais sobre delitos de odio, identificando acertos e erros, e Casos prácticos e simulación de cobertura informativa inclusiva e responsábel, no que se realizará unha simulación práctica de cobertura en equipo, con feedback de expertos.
Ángel Galán é un xornalista vinculado ao Terceiro Sector, que desenvolveu a axencia Stop Rumores e o proxecto OWO de prevención do delito de odio na provincia de Málaga. Gloria López é xornalista especializada en comunicación para a igualdade.
Máis información e inscrición aquí.
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.