O xornalismo deportivo. Calma en tempos de présa

O Col·legi de Periodistes de Catalunya organiza o curso online 'O xornalismo deportivo. Calma en tempos de présa', o luns 21 de setembro, en horario de 10:00 a 13:00 horas. O curso ten prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG.

Este curso busca dar unha visión práctica da situación actual do xornalismo deportivo, dividido, e cada vez con máis claridade, en dúas grandes vías: a información e o entretemento, ofrecendo un retrato do panorama actual e, ao mesmo tempo, unha ollada cara ao futuro inmediato do oficio, sobre todo nesta área.

O curso mestura unha breve explicación teórica con infinidade de exemplos prácticos, que nos permitirán ter unha visión real do exercicio da profesión de xornalista deportivo/deportiva. A clave debe ser a interacción e a capacidade, sobre todo, de escribir un texto en tempo real, coma se estivésemos condicionados polo envío á páxina web ou en horarios de peche do papel.

O curso estará impartido por Marcos López, xornalista do El Periódico de Catalunya e colaborador da Cadena SER e de Catalunya Ràdio. É coautor, xunto a Ramon Bica, da biografía oficial de Andrés Iniesta, La jugada de mi vida, así como guionista de documentais deportivos.

En virtude dos acordos da Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas, o Col·legi ofrece aos colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e do resto de colexios a posibilidade de seguir este curso online nas mesmas condicións que teñen os membros do Col·legi de Periodistes de Catalunya, cun prezo de 25,50 euros.

Para beneficiarse do prezo reducido é necesario seleccionar, no momento de facer a inscrición na web, a opción de prezo correspondente á Rede de Colexios. A posteriori, cómpre enviar por correo a cfd@periodistes.cat unha foto do carné de colexiado para certificar a pertenza ao Colexio.

Nota legal:

A persoa que envía o correo electrónico cos datos requiridos anteriormente declara que voluntariamente comunica ao COL·LEGI DE PERIODISTES DE CATALUNYA (en diante CPC) para incorporalos na base de datos da Entidade, xa sexa en soporte papel, informático ou outros, o cal obriga ao CPC a gardar segredo profesional con respecto aos datos que lle foron cedidos, coa finalidade de dar resposta á solicitude de inscrición que a persoa remitiu, e a enviarlle información sobre o desenvolvemento do curso ao cal se inscribiu e de cursos de formación futuros.Así mesmo, autorízalle a tratar e almacenar estes datos segundo as medidas de seguridade establecidas no Regulamento Europeo 679/2016, de 27 de abril, de Protección de Datos.

O usuario ha de saber que encher o formulario e enviar os datos solicitados implica que a información reflectida neste aviso foi lida e aceptada expresamente e que en consecuencia, outorga o seu consentimento inequívoco e explícito ao tratamento dos seus datos persoais conforme á finalidade explicada. De conformidade cos artigos 15-22 do mencionado Regulamento Europeo de Protección de Datos, o CPC informa que a persoa que asina pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidad, esquecemento e limitación ao tratamento dos seus datos en calquera sede do CPC. Para máis información, pode consultar a Política de Privacidade do CPC en: www.periodistes.cat/politica-de-privadesa