Obradoiro de ferramentas de verificación para xornalistas
A Oficina do Parlamento Europeo en España, co apoio do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e en colaboración coa Fundación Maldita.es, organiza un obradoiro de ferramentas de verificación para xornalistas o vindeiro sábado 29 de marzo entre as 9.30 e as 14.00 horas na Coruña. A formación estará impartida por Stéphane M. Grueso, de Maldita.es, e realizarase de maneira exclusivamente presencial na Fundación Paideia (Praza de María Pita, 17). A inscrición está aberta até o 19 de marzo.
Este taller proporcionará recursos esenciais para identificar loiadas e certificar a integridade da información, reforzando así o labor xornalístico nunha contorna dixital cada vez máis desafiante. Ao longo da sesión, explorarase como se xera e propaga a desinformación e traballarase con metodoloxías de fact-checking aplicadas a casos reais. Os participantes aprenderán a verificar imaxes, vídeos e outros contidos dixitais mediante técnicas de xeolocalización e diversas ferramentas especializadas.
As prazas son limitadas e para poder asistir é preciso inscribirse neste enlace, dándote de alta previamente na plataforma todosjuntos.eu para poder encher o formulario. A inscrición está aberta até o 19 de marzo, e o día 21 confirmaranse as prazas adxudicadas. Se tens algunha pregunta sobre o procedementeo podes escribir a comunicación@maldita.es.
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.