Optimización de SEO

O Col·legi de Periodistes de Catalunya organiza o curso online 'Optimización de SEO', que estará dispoñíbel do luns 13 de xaneiro ao domingo 9 de febreiro, sen restrición horaria. O curso ten unha duración de dez horas e un prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG.

O obxectivo deste curso é entender que o SEO é un proceso de optimización continuo e constante onde a auditoría e a análise se converten en pancas para implementar melloras. Partindo dos coñecementos adquiridos no curso de Introdución ao SEO, entenderemos cara a onde vai o SEO na actualidade, repasaremos SEO Interno e Externo de maneira máis técnica e con maior profundidade e aprenderemos como auditar a nosa execución no día a día.

O programa constará de catro partes: A busca hoxe, SEO interno avanzado, SEO externo avanzado e A auditoría SEO como panca de mellora. Todas elas teñen un enfoque práctico no que se verán moitos casos prácticos de exemplo. Os vídeos son gravados e o alumno pode acceder aos materiais á hora que prefira durante o período en que dura o curso.

En virtude dos acordos co Col·legi de Periodistes de Catalunya, este curso ofrécese aos colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia nas mesmas condicións que teñen os membros do Col·legi, cun prezo de 40 euros.

Para beneficiarse do prezo reducido é necesario seleccionar, no momento de facer a inscrición na web, a opción de Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. A posteriori, cómpre enviar por correo a cfd@periodistes.cat unha foto do carné de colexiado ou colexiada para certificar a pertenza ao CPXG.

Nota legal:

A persoa que envía o correo electrónico cos datos requiridos anteriormente declara que voluntariamente comunica ao COL·LEGI DE PERIODISTES DE CATALUNYA (en diante CPC) para incorporalos na base de datos da Entidade, xa sexa en soporte papel, informático ou outros, o cal obriga ao CPC a gardar segredo profesional con respecto aos datos que lle foron cedidos, coa finalidade de dar resposta á solicitude de inscrición que a persoa remitiu, e a enviarlle información sobre o desenvolvemento do curso ao cal se inscribiu e de cursos de formación futuros.Así mesmo, autorízalle a tratar e almacenar estes datos segundo as medidas de seguridade establecidas no Regulamento Europeo 679/2016, de 27 de abril, de Protección de Datos.

O usuario ha de saber que encher o formulario e enviar os datos solicitados implica que a información reflectida neste aviso foi lida e aceptada expresamente e que en consecuencia, outorga o seu consentimento inequívoco e explícito ao tratamento dos seus datos persoais conforme á finalidade explicada. De conformidade cos artigos 15-22 do mencionado Regulamento Europeo de Protección de Datos, o CPC informa que a persoa que asina pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidad, esquecemento e limitación ao tratamento dos seus datos en calquera sede do CPC. Para máis información, pode consultar a Política de Privacidade do CPC en: www.periodistes.cat/politica-de-privadesa