Organiza as túas tarefas coa IA

O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza os días 5 e 10 de novembro, entre as 16:30 e as 19:00 horas, o curso ‘Organiza as túas tarefas coa IA’, impartido por José Luis Gallardo Iglesias. O obradoiro desenvolverase en formato 100% online. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o taller ten un prezo reducido de 40 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.

A IA non é soamente unha ferramenta de coñecemento tamén é un gran organizador de tarefas. Por iso neste curso queremos axudarche a crear a túa propia biblioteca de prompts para xornalismo ou a crear os teus asistentes personalizados con IA. Cada participante terminará a sesión cos seus propios asistentes configurados e listos para utilizar no seu traballo diario.

José Luis Gallardo Iglesias é fundador de promptea.io e especialista en prompts, asistentes de IA e modelos de linguaxe xenerativa. É tamén colaborador en Radar IA. Top Voice Ao 2024 en LinkedIn.

A inscrición ao curso estará aberta do 16 ao 26 de outubro a través da web do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía. Máis información no correo electrónico administracion@periodistasandalucia.es.