ORM: Xestión da reputación nos tempos da IA
O Col·legi de Periodistes de Catalunya organiza o curso online "ORM: Xestión da reputación nos tempos da IA", que se desenvolverá os venres 13, 20 e 27 de xuño das 10:30 ás 13:30 horas (até as 12:30 no caso da última sesión). As aulas serán en directo pero tamén se gravarán para que aquelas persoas que non poidan asistir á sesión programada teñan acceso á gravación posteriormente. O curso, dunha duración de 8 horas, ten prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG.
Nun entorno dixital cada vez máis competitivo e dinámico, a identidade e a reputación dixitais son activos estratéxicos esenciais para marcas e profesionais. Este programa ofrece unha visión xeral completa das últimas tendencias, ferramentas e metodoloxías para construír, monitorizar e xestionar a reputación dixital de forma eficaz. A través de cinco módulos prácticos, os participantes aprenderán a desenvolver estratexias innovadoras adaptadas ao contexto.
En virtude dos acordos co Col·legi de Periodistes de Catalunya, este curso ofrécese aos colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia nas mesmas condicións que teñen os membros do Col·legi, cun prezo de 68,00 euros.
Para beneficiarse do prezo reducido é necesario seleccionar, no momento de facer a inscrición na web, a opción de Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. A posteriori, cómpre enviar por correo a cfd@periodistes.cat unha foto do carné de colexiado ou colexiada para certificar a pertenza ao CPXG.
Nota legal:
A persoa que envía o correo electrónico cos datos requiridos anteriormente declara que voluntariamente comunica ao COL·LEGI DE PERIODISTES DE CATALUNYA (en diante CPC) para incorporalos na base de datos da Entidade, xa sexa en soporte papel, informático ou outros, o cal obriga ao CPC a gardar segredo profesional con respecto aos datos que lle foron cedidos, coa finalidade de dar resposta á solicitude de inscrición que a persoa remitiu, e a enviarlle información sobre o desenvolvemento do curso ao cal se inscribiu e de cursos de formación futuros.Así mesmo, autorízalle a tratar e almacenar estes datos segundo as medidas de seguridade establecidas no Regulamento Europeo 679/2016, de 27 de abril, de Protección de Datos.
O usuario ha de saber que encher o formulario e enviar os datos solicitados implica que a información reflectida neste aviso foi lida e aceptada expresamente e que en consecuencia, outorga o seu consentimento inequívoco e explícito ao tratamento dos seus datos persoais conforme á finalidade explicada. De conformidade cos artigos 15-22 do mencionado Regulamento Europeo de Protección de Datos, o CPC informa que a persoa que asina pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidad, esquecemento e limitación ao tratamento dos seus datos en calquera sede do CPC. Para máis información, pode consultar a Política de Privacidade do CPC en: www.periodistes.cat/politica-de-privadesa
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.