Os axentes da Intelixencia Artificial ao servizo do xornalista
O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza os días 5, 12 e 20 de maio, entre as 16:30 e as 18:30 horas, o obradoiro ‘Os axentes da Intelixencia Artificial ao servizo do xornalista’, impartido por José Luis Gallardo Iglesias. O obradoiro desenvolverase en formato 100% online. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o taller ten un prezo reducido de 40 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.
Este é un curso práctico orientado a que os xornalistas comprendan que son os axentes de IA e como poden utilizalos para automatizar tarefas reais do súa día a día. Ao longo das sesións traballarase con exemplos aplicados ao xornalismo e crearanse axentes sinxelos que permitan monitorizar fontes, resumir información e xerar fluxos de traballo autónomos, sempre mantendo o criterio profesional do xornalista..
José Luis Gallardo Iglesias é fundador de promptea.io. É especialista en prompts, asistentes de IA e modelos de linguaxe xenerativa. É tamén colaborador en Radar IA. Top Voice AI 2024 en LinkedIn.
Para inscribirse, as persoas interesadas deben cubrir o formulario online. Máis información na web do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía ou no correo electrónico administracion@periodistasandalucia.es.
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.