Programa intensivo de estratexia en Redes Sociais - Nivel avanzado

O Col·legi de Periodistes de Catalunya organiza o curso online "Programa intensivo de estratexia en Redes Sociais - Nivel avanzado", que se desenvolverá os xoves das 10:00 ás 13:00 horas entre o 17 de febreiro e o 10 de marzo. As sesións serán en directo pero tamén se gravarán para que aquelas persoas que non poidan asistir á sesión programada teñan acceso á gravación posteriormente. O curso, dunha duración de 12 horas, ten prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG.

As redes sociais son parte imprescindíbel de calquera estratexia de marketing hoxe en día. No entanto, son cada vez maiores as diferenzas entre unhas e outras, o que obriga a coñecelas de forma individualizada en profundidade para sacarlles partido. Ademais, cambios e novidades están á orde do día e converten as plataformas sociais nunha contorna cambiante. Se queres coñecer as 4 redes sociais máis importantes na actualidade (Meta e Facebook, Instagram,  Twitter, Linkedin) e como ter éxito coa túa estratexia social, este é o teu programa. Este non é un curso de introdución a redes sociais senón que é de nivel avanzado, polo que moitos contidos básicos daranse por sabidos.

O curso estará impartido por Pilar Yépez Molina, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Faculdade de Ciencias da Información de Sevilla. Foi directora creativa en axencias españolas dedicadas ao márketing online ou ao marketing below the line. Desde o 2009, é directora creativa e socia fundadora de Úbica Below, axencia especialista en márketing e comunicación dixital. É profesora e relatora con máis de 15 anos de experiencia dando cursos especializados nesta materia en distintos centros e universidades.

En virtude dos acordos da Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas, o Col·legi ofrece aos colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e do resto de colexios a posibilidade de seguir este curso online nas mesmas condicións que teñen os membros do Col·legi de Periodistes de Catalunya, cun prezo de 102 euros.

Para beneficiarse do prezo reducido é necesario seleccionar, no momento de facer a inscrición na web, a opción de prezo correspondente á Rede de Colexios. A posteriori, cómpre enviar por correo a cfd@periodistes.cat unha foto do carné de colexiado para certificar a pertenza ao Colexio.

Nota legal:

A persoa que envía o correo electrónico cos datos requiridos anteriormente declara que voluntariamente comunica ao COL·LEGI DE PERIODISTES DE CATALUNYA (en diante CPC) para incorporalos na base de datos da Entidade, xa sexa en soporte papel, informático ou outros, o cal obriga ao CPC a gardar segredo profesional con respecto aos datos que lle foron cedidos, coa finalidade de dar resposta á solicitude de inscrición que a persoa remitiu, e a enviarlle información sobre o desenvolvemento do curso ao cal se inscribiu e de cursos de formación futuros.Así mesmo, autorízalle a tratar e almacenar estes datos segundo as medidas de seguridade establecidas no Regulamento Europeo 679/2016, de 27 de abril, de Protección de Datos.

O usuario ha de saber que encher o formulario e enviar os datos solicitados implica que a información reflectida neste aviso foi lida e aceptada expresamente e que en consecuencia, outorga o seu consentimento inequívoco e explícito ao tratamento dos seus datos persoais conforme á finalidade explicada. De conformidade cos artigos 15-22 do mencionado Regulamento Europeo de Protección de Datos, o CPC informa que a persoa que asina pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidad, esquecemento e limitación ao tratamento dos seus datos en calquera sede do CPC. Para máis información, pode consultar a Política de Privacidade do CPC en: www.periodistes.cat/politica-de-privadesa