Storytelling: O novo xénero da comunicación persuasiva

O Col·legi de Periodistes de Catalunya organiza o curso online 'Storytelling: O novo xénero da comunicación persuasiva', que se desenvolverá do luns 13 de setembro ao venres 15 de outubro. O curso, dunha duración de 12 horas, ten prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG.

O obxectivo deste curso é ofrecer unha definición do concepto de storytelling e das técnicas concretas para o seu despregamento, en tres ámbitos tradicionalmente receptores de profesionais do xornalismo: a comunicación política, a comunicación empresarial e a creación de produtos xornalísticos. O propósito final é que os participantes sexan capaces de idear, producir e serializar relatos e historias memorábeis, susceptíbeis de seren lembradas e compartidas.

O curso combinará a exposición da parte teórica a través de vídeos coa realización de exercicios, típicamente escritos, que serán revisados polos profesores de forma individual e comentados de forma xeral, compaxinados coa resolución de consultas.

O curso estará impartido por Mario Sorribas Fierro, economista, xornalista e consultor especializado en narrativa corporativa e profesor de storytelling na OBS Business School, e Francesc Ponsa Herrera, xornalista, consultor, doutor en comunicació social e profesor de storytelling na Universitat Pompeu Fabra. 

En virtude dos acordos da Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas, o Col·legi ofrece aos colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e do resto de colexios a posibilidade de seguir este curso online nas mesmas condicións que teñen os membros do Col·legi de Periodistes de Catalunya, cun prezo de 84,01 euros.

Para beneficiarse do prezo reducido é necesario seleccionar, no momento de facer a inscrición na web, a opción de prezo correspondente á Rede de Colexios. A posteriori, cómpre enviar por correo a cfd@periodistes.cat unha foto do carné de colexiado para certificar a pertenza ao Colexio.

Nota legal:

A persoa que envía o correo electrónico cos datos requiridos anteriormente declara que voluntariamente comunica ao COL·LEGI DE PERIODISTES DE CATALUNYA (en diante CPC) para incorporalos na base de datos da Entidade, xa sexa en soporte papel, informático ou outros, o cal obriga ao CPC a gardar segredo profesional con respecto aos datos que lle foron cedidos, coa finalidade de dar resposta á solicitude de inscrición que a persoa remitiu, e a enviarlle información sobre o desenvolvemento do curso ao cal se inscribiu e de cursos de formación futuros. Así mesmo, autorízalle a tratar e almacenar estes datos segundo as medidas de seguridade establecidas no Regulamento Europeo 679/2016, de 27 de abril, de Protección de Datos.

O usuario ha de saber que encher o formulario e enviar os datos solicitados implica que a información reflectida neste aviso foi lida e aceptada expresamente e que en consecuencia, outorga o seu consentimento inequívoco e explícito ao tratamento dos seus datos persoais conforme á finalidade explicada. De conformidade cos artigos 15-22 do mencionado Regulamento Europeo de Protección de Datos, o CPC informa que a persoa que asina pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidad, esquecemento e limitación ao tratamento dos seus datos en calquera sede do CPC. Para máis información, pode consultar a Política de Privacidade do CPC en: www.periodistes.cat/politica-de-privadesa