Uso efectivo da Lei de Transparencia para xornalistas
O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza o vindeiro mércores 25 de setembro, entre as 17:00 e as 20:00 horas, o curso online Uso efectivo da Lei de Transparencia para xornalistas. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o webinar ten un prezo reducido de 5 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.
O obxectivo desta formación é dar a coñecer ás e aos xornalistas o marco normativo actual da transparencia, informando sobre os distintos recursos dispoñíbeis e ensinando a localizar con facilidade os portais de transparencia, ademais de dar a coñecer quen son os suxeitos obrigados e que información se pode solicitar para exercer o dereito de acceso á información.
O curso estará impartido por Eva Navarrete Maceas, que foi decana do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía até 2021. Conta con máis de 20 anos de experiencia en comunicación institucional ou corporativa nas administracións públicas e actualmente é responsábel da área de Comunicación, Relacións Institucionais e Transparencia do Servicio Andaluz de Empleo da Junta de Andalucía.
A formación vai realizarse a través da plataforma Zoom. Para inscribirse, as persoas interesadas deben cubrir o formulario online e enviar o xustificante do pagamento a administracion@periodistasandalucia.es antes da realización do curso. Máis información na web do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía ou no teléfono 687 749 802.
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.