Vídeos con móbil. Xornalismo ao instante

O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza os días 10 e 12 de novembro, entre as 16:00 e as 19:00 horas, o obradoiro ‘Vídeos con móbil. Xornalismo ao instante’, impartido por Rafael Borrego. O obradoiro desenvolverase en formato 100% online. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o taller ten un prezo reducido de 15 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.

O obxectivo desta formación é aprender todo o necesario para realizar pezas informativas cun teléfono móbil con vídeos que poidan ser facilmente difundidos en redes; aprender a gravar óptimamente: aprender a editar de forma sinxela e como difundir contidos.

Rafael Borrego é graduado en xornalismo e comunicación audiovisual e está especializado en creación audiovisual e divulgación en redes sociais, produción de contidos, formatos e podcasts.

Para inscribirse, as persoas interesadas deben cubrir o formulario online. Máis información na web do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía ou no correo electrónico administracion@periodistasandalucia.es.