Violencia económica
O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza o día 6 de novembro, entre as 16:00 e as 19:00 horas, o obradoiro ‘Violencia económica’, impartido por Lucía Avilés. O obradoiro desenvolverase en formato 100% online. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o taller ten un prezo reducido de 15 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.
Con este curso búscase examinar a violencia patrimonial e económica contra as mulleres: o poder que se exerce para facer ás mulleres dependentes economicamente dos homes cando se controlan ou limitan os seus ingresos económicos ou cando llas priva dos medios indispensables para vivir.
Lucía Avilés é maxistrada e vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial. Experta en Violencia de Xénero. En 2021 presentou unha iniciativa lexislativa xudicial para promover a tipificación e reparación integral do dano causado pola violencia económica de xénero. Foi unha exposición razoada, dirixida ao Goberno para pedir a inclusión no Código penal o delito de violencia económica contra as mulleres. Unha iniciativa que recolleu xa os seus froitos. O novo Pacto de Estado contra a violencia de xénero inclúe a violencia económica tipificándoa no Código penal.
Para inscribirse, as persoas interesadas deben cubrir o formulario online. Máis información na web do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía ou no correo electrónico administracion@periodistasandalucia.es.
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.