Wordpress para xornalistas: Deseño, contidos e posicionamento SEO e AIO

O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza os días 17, 18, 19 e 20 de novembro, entre as 16:00 e as 19:00 horas, o obradoiro ‘Wordpress para xornalistas: Deseño, contidos e posicionamento SEO e AIO’, impartido por Fernando Tellado. O obradoiro desenvolverase en formato 100% online. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o taller ten un prezo reducido de 15 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.

O obxectivo desta formación é aprender dun modo práctico ferramentas útiles e oportunidades de desenvolvemento profesional e empresarial no mundo web; coñecer sobre a creación desde cero dunha web profesional; adquirir os coñecementos necesarios para a redacción orientada a posicionar contidos en buscadores e grandes modelos de linguaxe de intelixencia artificial..

Fernando Tellado é experto en WordPress, autor dos libros sobre creación web: WordPress: La guía completa ou 1001 Trucos WordPress. Así mesmo foi recoñecido e premiado como a persoa que máis sabe de WordPress en España e ten distintos blogs sobre esta materia.

Para inscribirse, as persoas interesadas deben cubrir o formulario online. Máis información na web do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía ou no correo electrónico administracion@periodistasandalucia.es.