Xornalismo de tribunais
O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza os días 14, 19 e 21 de maio, entre as 16:30 e as 19:30 horas, o obradoiro ‘Xornalismo de Tribunais’, impartido por Javier Ronda. O obradoiro desenvolverase en formato 100% online. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o taller ten un prezo reducido de 10 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.
Con esta actividade os alumnos poderán aprender características da redacción deste tipo de noticias especializadas, a linguaxe informativa específica, a relevancia informativa deste tipo información, as fontes de referencia ás que se pode recorrer, as especificidades dos gabinetes de comunicación xurídica, as partes do proceso xudicial e as distintas xurisdicións existentes, ademais de poder debater e tratar casos prácticos relevantes para profundar na materia.
Javier Ronda é xornalista especializado en tribunais e sucesos en Canal Sur Radio desde hai máis de 30 anos. Tamén é profesor da Facultade de Comunicación da Universidade de Sevilla desde hai dúas décadas. Doutor en xornalismo, é coautor de obras como Manual de Periodismo Judicial ou Periodismo Derecho y Tribunales e dirixe o podcast Crónica Negra en Canal Sur. Como docente impartiu aulas en máis dunha trintena de universidades españolas, portuguesas, americanas e marroquís.
Para inscribirse, as persoas interesadas deben cubrir o formulario online. Máis información na web do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía.
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.