Biografía

Naceu en Ferrol no ano 1958. Comezou a súa carreira profesional en La Voz del Miño de Ourense, cidade na que desenvolveu a maior parte da súa traxectoria. Foi delegado de TVE, xefe de informativos e director de RNE. En 2006 asumiu a xefatura de informativos TVE en Andalucía e posteriormente a dirección do Centro Territorial de TVE nesa mesma comunidade. Entre 2008 e 2010 foi director da Área de Nacional dos Informativos de TVE en Torrespaña. Actualmente traballa na Unidade Informativa de RTVE en Ourense e realiza o espazo Sueños de Ébano en Radio 5 Todo Noticias. Á marxe da radio e a televisión, foi editor dos xornais electrónicos galegos A Contrafío e Galicia Información, ademais de colaborar, entre outros, nos xornais La Voz de Galicia, Faro de Vigo e A Nosa Terra.