Os órganos de goberno do CPXG son o Decano, a Xunta de Goberno, o Pleno Territorial e a Asemblea escollidos por sufraxio universal, libre, directo e anónimo.
Os órganos de goberno do Colexio de Xornalistas son o Decano, a Xunta de Goberno, o Pleno Territorial e a Asemblea. Os seus membros son elixidos cada catro anos polos membros do CPXG por sufraxio universal, libre, directo e anónimo.
A Xunta de Goberno está formada polo decano, a vicedecana, o secretario, o tesoureiro e 8 vogais, mentres que o Pleno Territorial está formado pola Xunta de Goberno e os 14 representantes das sete demarcacións territoriais do Colexio, órganos consultivos que aportan cinco membros por Santiago, dous da Coruña e Vigo e un por cada unha das demarcacións de Pontevedra, Ferrol, Lugo e Ourense.
Podes ver aquí o discurso de toma de posesión dos Decanos en 2016, en 2012, en 2008 e en 2004.