Biografía

Mónica Vidal Martínez (Trives, 1974). Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago, traballa nos informativos da televisión pública de Galicia desde o ano 96. O seu inicio na profesión está ligado á delegación da TVG en Ourense, onde traballou como reporteira, presentadora do informativo local e coordinadora. Na central da TVG en Santiago, editou e presentou o Galicia Directo e o Telexornal Noite. Foi directora do Telexornal Mediodía entre os anos 2007 e 2009 e na actualidade é redactora do equipo do Bos Días.