Programa da xornada 'Desinformación e ameazas á liberdade de expresión: Retos do xornalismo ante a irrupción dos extremismos'

Xa está dispoñíbel o programa da xornada Desinformación e ameazas á liberdade de expresión: Retos do xornalismo ante a irrupción dos extremismos, que o Colexio de Xornalistas organiza o vindeiro xoves 28 de novembro no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC (Avenida de Castelao, s/n), en horario de 9:00 a 19:30. A inscrición na xornada, que é gratuíta, pódese facer a través do seguinte formulario

DESINFORMACIÓN E AMEAZAS Á LIBERDADE DE EXPRESIÓN: 
Retos do xornalismo ante a irrupción dos extremismos

Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2019

 

9.00 horas. Recepción de participantes e Acto inaugural
Intervención  de  Francisco  X.  González  Sarria,  decano  do  Colexio  Profesional  de Xornalistas de Galicia e Xosé Ramón Pousa Estévez, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
 
9.15 horas. Conferencia inaugural
O avance da extrema dereita en Europa: Desafío para o xornalismo

  • Paolo Berizzi (xornalista en La Repubblica)

Presenta: Francisco X. González Sarria (decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia).
 
10.30 horas. Panel: As fake news como estratexia informativa 

  • Marilín Gonzalo (coordinadora da área de contidos dixitais de Newtral.es)
  • César Peña (membro do Laboratorio de innovación de RTVE e de Verifica RTVE) 
  • Patricia R. Blanco (coordinadora do blog ‘Hechos’ de El País)
  • Eli Vivas (xornalista de datos cofundadora de Verificat)

Modera: Lara Graña (xornalista de Faro de Vigo).

12.15 horas. Pausa café. 

12.45 horas. Panel: Os novos movementos extremistas e como afrontar o fenómeno desde o xornalismo 

  • Xosé Hermida (redactor xefe de España en El País)
  • David Lombao (xornalista e director de Praza.gal)
  • María Obelleiro (directora de Sermos Galiza e Nós Diario)
  • Virginia P. Alonso (codirectora de Público)
  • Xurxo Salgado (director de Galicia Confidencial)

Modera: Fernando Varela (redactor xefe de infoLibre)
 
14.30 horas. Fin da xornada de mañá
  
16.00 horas. Conferencia
Facer xornalismo na era da desinformación

  • Marta Peirano (xornalista e ensaísta especializada en tecnoloxía do poder) 

Presenta: Belén Regueira Leal (membro da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia)

17.15 horas.  Panel: Ameazas para a información no mundo dixital 

  • Alexandre López-Borrull (profesor agregado dos Estudos de Información e Comunicación da Universitat Oberta de Catalunya)
  • Raúl Magallón Rosa (profesor de Xornalismo na Universidad Carlos III de Madrid)
  • Dolors Palau-Sampio (profesora titular de Xornalismo na Universitat de València)
  • Edita de Lorenzo (Universidade de Vigo, COETG)

Modera: Berta García Orosa, profesora titular da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
 
18.45 horas. Ponencia de peche da xornada

Os ataques á liberdade de prensa en España 

  • Edith Rodríguez (Correspondente de RSF Internacional e membro da Xunta Directiva de RSF España)

Presenta: Fernanda Tabarés (xornalista do Grupo Voz).
 
19.30 horas. Acto de Clausura.
Intervención  de  Francisco  X.  González  Sarria,  decano  do  Colexio  Profesional  de Xornalistas de Galicia e Xosé Ramón Pousa Estévez, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC

Entrega de diplomas acreditativos ás persoas asistentes.

CPXG