Denuncias contra 'El País' polo caso Bárcenas
O PP presentou este 6 de marzo unha demanda por vulneración do dereito ao honor contra a empresa editora do periodíco El País e "contra o autor dos falsos papeis publicados que, segundo devandito medio de comunicación, é Luís Bárcenas".
A demanda súmase á que xa presentara o 15 de febreiro María Dolores de Cospedal, e veu acompañada das declaracións de Carlos Floriano, que afirmou que coa publicación dos supostos papeis de Bárcenas se produciu unha "liberdade de información irresponsable" sen un "exercicio de contraste".
A Federación Española de Sindicatos de Xornalistas (FeSP) mostrou o seu rexeitamento contra a demanda, que considera un "grave ataque á liberdade de información" e esperou que o xuíz a "desestime de plano".
CPXG