Día dos Medios en Galego

Do ao

Horario: Venres 7 de febreiro a partir das 20:30 horas.

Lugar: Casino1889. Rúa Vázquez de Parga, 1, 15100 Carballo

A Asociación dos Medios en Galego (AMEGA) organiza o vindeiro venres 7 de febreiro o Día dos Medios en Galego, unha xornada para revindicar a importancia da ter un xornalismo na lingua do país. A xornada, que lembra a saída primeira publicación xornalística realizada integramente en galego, O Tío Marcos d’A Portela, desenvolverase a partir das 20:30h no Casino1889 de Carballo (Rúa Vázquez de Parga, 1).

O acto será presentado, en clave regueifeira, por Lupe Blanco, estará amenizado por Avelino González, e contará coa participación de representantes da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Deputación da Coruña e do Concello de Carballo, colaboradores do evento.

Pechará o acto a banda muradá Terbutalina, cun concerto, rememorando aquela Gala de 2011 celebrada en Compostela onde a banda colaborara coa AMEGA no marco da campaña Vitaminas para o Galego.

Máis información aquí.