DIG Awards de videoxornalismo 2019

Do ao

Información de contacto:

(+39) 329 56 08 098
info@dig-awards.org

Veñen de ser convocados os DIG Awards 2019, galardóns italianos que premian a excelencia xornalística e fomentan o traballo dos reporteiros que utilizan o vídeo para investigar temas de actualidade de relevancia social, económica, ambiental e política.

A convocatoria está dirixida a producións nacionais e internacionais realizadas por televisións, xornais e magacíns, axencias, consorcios, asociacións, institucións e independentes. Poden participar obras realizadas despois do 21 de febreiro de 2018 e traballos de investigación.

O prazo para inscribirse é o 15 de febreiro ou o 15 de marzo, segundo  as categorías. Estes premios teñen dotacións económicas que oscilan entre os 1.000 e os 15.000 euros, en función da categoría de que se trate.  inscrición ao concurso debe facerse enchendo o formulario ‘ online’ adecuado na páxina web www.dig-awards.org.

Máis información nas bases do premio.