Embegonhadas: Mulherenagem a Begoña Caamaño

Do ao

Horario: Domingo 13 de outubro de 12:00 a 20:00

Lugar: Parque Begoña Caamaño, Santiago de Compostela

A área de Igualdade da Deputación da Coruña organiza o vindeiro 13 de outubro no Parque Begoña Caamaño de Santiago, en colaboración co Concello de Santiago e co impulso de 7H Cooperativa Cultural e Implicadas no Desenvolvemento, Embegonhadas: Mulherenagem a Begoña Caamaño

Baseándose nas novelas Circe ou o pracer do azul (2009) e Morgana en Esmelle (2012), as poetas Ana Romaní, Andrea Nunes, Belén Senín, Lara Rozados, Marga do Val, María Rosendo, Míriam Ferradáns, Susana S. Arins e Xiana Arias compoñerán e recitarán versos nunha lectura pública e aberta.

As súas composicións servirán tamén de inspiración para que as artistas Axóuxeres e Chisqueiros, Cata Ukelele, Eva Agra, Iria Prol, María Lapido, Miss Hope, Rebeca Mariño, Vanessa Morais e Xoana Almar plasmen creativamente as sensacións suscitadas nunhas casiñas de paxaro. Logo de seren intervidas artisticamente, as casiñas penduraranse das pólas das árbores do Parque Begoña Caamaño, situado no barrio compostelá das Fontiñas.

As asistentes á xornada poderá participar de balde nun obradoiro de creación literaria, impartido por Susana S. Arins e nun laboratorio de introdución á arte urbana, a cargo de 7H Cooperativa Cultural. Haberá un espazo para a conciliación, desenvolto por Gaia Ecocrianza e, como peche da xornada, terá lugar un concerto da cantante, música e compositora Su Garrido. Ademais, a Libraría de Mulleres Lila de Lilith e a Libraría Chan da Pólvora realizarán un fanzine sobre as experiencias vividas durante o encontro.

Máis información na páxina web da Deputación da Coruña.