Foro 'A nova narrativa das series transmedia'

Do ao

Horario: Mércores, 22 de novembro de 2017, de 16:30 a 18:00

Lugar: Centro Abanca Obra Social. Praza de Cervantes, 19. 15704 Santiago de Compostela

Información de contacto:

Clúster Audiovisual Galego
+34 981 941 792
comunicacion@clag.es

O Clúster Audiovisual Galego organiza, o día 22 de novembro  na sala de conferencias do Centro Abanca Obra Social en Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 19),o foro “A nova narrativa das series transmedia”, o Clúster Audiovisual celebraráde Cervantes unha nova edición dos seus foros estratéxicos dirixida aos profesionais do sector galego, que contará co director do festival Mundos Digitales

Durante o foro analizarase a evolución do transmedia como estratexia ata a creación dun universo propio da man do guionista e produtor Javier Olivares, creador, entre outras, das series de éxito “El Ministerio del Tiempo” (TVE 1) e  “Si fueras tú” (RTVE), a primeira ficción transmedia interactiva producida en España.
 
Para ofrecer o enfoque tecnolóxico deste novo modelo narrativo participará no foro Roberto Pérez, CTO e fundador de Future Lighthouse, estudio madrileño encargado de desenvolver o proxectos de realidade virtual de “El Ministerio del Tiempo”. Ministerio VR é unha experiencia única de realidade virtual na que se pode recorrer con algúns personaxes da serie varios dos lugares máis recoñecibles do Ministerio, e vai un paso máis alá da primeira experiencia, xa que o usuario ten a posibilidade de camiñar e interactuar con obxectos e personaxes da serie.
 
Tamén se abordará nesta sesión o estado da produción de animación en 3D en Galicia da man de Julio Casal, CEO da compañía galega Ficción Producciones (“Hospital Real”, “O Códice”, “Augasquentes”, “Meñique”), quen explicará os antecedentes e a posta en marcha da serie de animación infantil “Tutú”, que se emite na canle Clan de TVE, e as súas diferentes ventás de explotación.
 
A asistencia ao foro é libre e gratuíta ata completar o aforo. Para asistir é necesario enviar cuberto o formulario que está dispoñible no sitio web do Clúster a comunicacion@clag.es. O prazo de inscrición está aberto ata as 13.00 horas do día 20 de novembro.

Máis información no web do Cluster Audiovisual Galego.