I Premio de Xornalismo Económico Carlos Humanes

Do ao

Información de contacto:

Asociación de Periodistas Europeos
Calle Cedaceros, 11, 3º F
28014 Madrid
premiocarloshumanes@apeuropeos.org

A Asociación de Periodistas Europeos, en colaboración con BME Bolsas y Mercados Españoles, El Boletín e a Asociación de Periodistas de Información Económica, e co patrocinio de Iberdrola, crearon o Premio de Xornalismo Económico Carlos Humanes, co obxectivo de destacar traxectorias ou traballos xornalísticos relacionados coa información económica, financeira e/ou bursátil que o merezan polo talento, orixinalidade, espírito divulgativo, forza didáctica ou capacidade de superar presións.

O premio, que estará dotado con 20.000 euros e un diploma pretende recordar a figura de Carlos Humanes, referencia do xornalismo bursátil e económico falecido en novembro de 2015, e enxalzar os valores xornalísticos que defendeu, caracterizados pola honradez, o rigor, a claridade e a independencia. 

As candidaturas deben enviarse antes do 8 de xuño do 2018, ben por correo certificado ou en man no domicilio social da Asociación de Periodistas Europeos (Calle Cedaceros, 11, 3º F, 28014 Madrid) ou por correo electrónico ao enderezo premiocarloshumanes@apeuropeos.org

A APE reunirá no mes de xuño un xurado integrado por responsables de medios de comunicación e expertos do mundo económico que será o encargado de fallar o premio. A cerimonia de entrega terá lugar na sé da Bolsa de Madrid no mes de setembro.

Máis información nas bases do premio