I Premios CSIC - Fundación BBVA de Comunicación Científica

Do ao

Información de contacto:

premios-CSIC-FBBVA@fbbva.es

A Fundación BBVA e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), no cadro do seu Programa de Impulso á Comunicación Científica CSIC – Fundación BBVA, convocan a primeira edición dos Premios CSIC - Fundación BBVA de Comunicación Científica dirixidos a "recoñecer as mellores contribucións á comprensión pública da ciencia en España".

Concederanse anualmente dous premios, dotados cada un deles con 40.000 euros, cunha categoría dirixida a xornalistas especializados en comunicación científica, e outra a investigadores que contribúan de xeito significativo á difusión do coñecemento á sociedade.

As candidaturas, presentadas polas propias persoas interesadas, deberan ser profesionais en activo de calquera nacionalidade que realizaran unha parte significativa do seu traballo de comunicación científica en España. 

Poden presentarse as solicitudes desde o 11 de marzo até as 12:00 horas do 30 de abril de 2021, a través do correo electrónico premios-CSIC-FBBVA@fbbva.es

Máis información nas bases do premio