II Premios Pedro Zerolo de Xornalismo

Do ao

Información de contacto:

II Premio Internacional de Periodismo de Torremolinos Pedro Zerolo 2017
Delegación de Promoción Cultural del Ayuntamiento de Torremolinos
Plaza Blas Infante, planta baja
29620 Torremolinos (Málaga)

O Concello de Torremolinos abre o prazo de presentación de traballos dos II Premios Pedro Zerolo de Xornalismo, que teñen o obxectivo principal de reivindicar a igualdade de dereitos do colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais).

En función do soporte, establécense dúas categorías: 'Premio Pedro Zerolo de Xornalismo Tradicional', destinada a traballos xornalísticos escritos publicados nun medio de comunicación impreso ou programas de radio ou televisión que expoñan os avances, reivindicacións ou necesidades e igualdade dos dereitos LGBTI, e 'Premio Pedro Zerolo de Xornalismo Dixital'. destinada a traballos xornalísticos, escritos publicados en medios de comunicación online ou nun blog, co mesmo contido que a outra categoría. Para rematar, na categoría honorífica 'Premio Pedro Zerolo de Honor' recoñecerase a unha persoa, entidade, organización, colectivo, medio ou institución que realice esforzos pola igualdade do colectivo LGTBI.

As persoas interesadas poden entregar as súas obras na Delegación de Promoción Cultural (praza Blas Infante, planta baixa), de luns a venres de 9:00 a 13:30 horas, ata o venres 25 de agosto. Deberán ser presentados nun sobre pechado no que se indique a categoría na que se concursa e que se participa no "II Premio Internacional de Periodismo de Torremolinos Pedro Zerolo 2017". O xurado valorará o traballo ou o conxunto dos traballos para outorgar os premios, de 6.000 euros no caso do de xornalismo tradicional e de 3.000 euros no de dixital.

Máis información nas bases do premio.