IV Congreso de Empresarias Galicia

Do ao

Horario: Mércores 6 e xoves 7 de novembro, das 9:00 ás 18:30 horas

Lugar: Afundación. Rúa Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo

Empresarias Galicia organiza o seu cuarto congreso baixo o título Acción e implicación, que terá lugar os vindeiros 6 e 7 de novembro na sede de Afundación en Vigo (Rúa Policarpo Sanz, 24-26), en horario de 9:00 a 18:30 horas. O programa vai contar cunha mesa debate titulada A muller nos medios de comunicación: como se aborda a figura da muller nos diferentes medios?, na que participará Elena Gallego en representación do Colexio de Xornalistas. 

Na mesa debate sobre muller e medios de comunicación, que se celebrará o mércores 6 ás 13:00 horas, participan, ademais de Elena Gallego, Ana Fuentes, xefa de redacción de Atlántico Diario, Raquel Sánchez, xornalista de Onda Cero, Carla Reyes, xornalista e presidenta de Executivas de Galicia, e Rosa Vilas, directora do Departamento de Organización e Xestión do cambio da CRTVG. Moderará o debate Irene Bascoy, xefa da sección de Galicia do Faro de Vigo.

Ademais, o congreso incluirá mesas debate sobre empresa e rural feminino en Galicia, muller e deporte, muller e colectivos con necesidades especiais, tecnoloxía e muller e muller e cultura. O xoves 7 realizaranse distintas conferencias, entre elas as da xornalista Teresa Viejo, e se impartirán talleres de formación. 

Máis información e inscrición na web de Empresarias Galicia