Premio Internacional de Xornalismo Knight ICFJ 2020 ás mellores coberturas da COVID-19

Do ao

Información de contacto:

Mónica López
mlopez@icfj.org

O Centro Internacional para Xornalistas (ICFJ) reabriu o prazo para presentar candidaturas ao Premio Internacional de Xornalismo Knight ICFJ 2020, rematado o pasado 21 de febreiro, co obxectivo de recoñecer as mellores coberturas xornalísticas da COVID-19. 

As candidaturas en relación á cobertura da COVID-19 poden presentarse a través deste formulario até as 23:59 horas do vindeiro 5 de abril. Pode presentarse calquera profesional dos medios de comunicación de todo o mundo.