V Premio Xornalístico Aqualia: “A xestión integral da auga nos municipios”

Do ao

Información de contacto:

Aqualia Gestión Integral del Agua.
Avenida del Camino de Santiago, 40 Las Tablas-Madrid.
Edificio 1 Planta 4ª.
28050 Madrid 

Aqualia convoca a quinta edición do seu premio xornalístico sobre "A xestión integral da auga nos municipios". O premio recoñece aos xornalistas que contribúen a incrementar a cultura da auga como ben escaso e preciado. 

Poderán optar ao premio os traballos publicados entre o 1 de novembro de 2019 e o 30 de novembro de 2020 en medios de comunicación españois, en soporte prensa, radio, televisión, impresos e/ou dixitais. O xurado vai outorgar un primeiro premio de 3.000 euros e dous accésit de 1.500 euros cada un. 

O prazo de presentación de candidaturas remata o 28 de febreiro de 2021. Os traballos deben remitirse, xunto co formulario de inscrición e indicando "5º Premio de Periodismo Aqualia “La gestión integral del agua en los municipios”" ao seguinte enderezo: Avenida del Camino de Santiago, 40. Edificio 1 Planta 4ª. Las Tablas-Madrid. 28050 Madrid, ou por correo electrónico a comunicacion@aqualia.es, sempre e cando o seu tamaño sexa inferior a 10 megas.

Máis información nas bases do concurso.