VI Premio de Xornalismo AEAS

Do ao

Información de contacto:

AEAS
Sor Ángela de la Cruz nº 2, 13 D
28020 Madrid.
Teléfono: 914 490 910
Fax: 915 713 523
comunicacion@aeas.es 

A Asociación Española de Abastecementos de Auga e Saneamento ( AEAS) convoca a sexta edición do seu Premio de Xornalismo co lema “Retos na xestión da auga urbana”, que pretende recoñecer o labor de sensibilización social que realizan os medios de comunicación mediante a difusión de informacións sobre a importancia dos servizos de abastecemento de auga e saneamento.

O galardón recoñecerá o mellor traballo publicado en prensa, radio, televisión ou internet sobre algún aspecto relacionado co ciclo integral da auga urbana, é dicir, desde que se capta da natureza ata que se devolve aos ríos sen prexudicar ao medio ambiente, tras pasar polos procesos de captación, potabilización, distribución para consumo, rede de sumidoiros e depuración. Estabelécese un  primeiro premio de 2.500 euros e dous accésit de 1.200 euros cada un. Así mesmo, seleccionaranse 10 finalistas, dos que sairán os gañadores, que recibirán un certificado de recoñecemento.

Poderán participar todos aqueles traballos, de calquera xénero xornalístico, publicados ou emitidos entre o 15 de xaneiro de 2022 e o 15 de xaneiro de 2024. Poderanse presentar un máximo de tres propostas por autor e os traballos non poderán estar premiados por outros certames.

As candidaturas deben presentarse por por correo electrónico a comunicacion@aeas.es antes das 23:59 do 15 de marzo de 2024.

Máis información nas bases do premio.