VII Premio de Xornalismo Fundación Gestrafic

Do ao

Información de contacto:

 info@fundaciongestrafic.com

A Fundación Gestrafic convoca o VII Premio de Xornalismo Fundación Gestrafic co obxectivo "de recoñecer o labor inestimábel que fai o xornalismo en prol de mellorar a seguranza vial a través de artigos ou reportaxes escritas que analicen e/ou profunden en aspectos relacionados coa Seguranza Vial e o tráfico".

Poden postularse ao galardón os traballos que foran publicados e/ou difundidos desde o 1 de novembro de 2019 ata o 31 de outubro de 2020. O traballo seleccionado polo xurado será recoñecido con 1.000 euros. Así mesmo, o xurado poderá conceder unha ou varias mencións especiais a outros traballos presentados.

Os traballos deberán remitirse en formato digital a info@fundaciongestrafic.com, indicando no asunto: "Candidatura VII Premio de Periodismo Fundación Gestrafic Nome autor/autores" antes do 1 de novembro de 2020, ás 23:59 horas. No correo electrónico, o autor ou autores deberán reflectir o seu nome e apelidos, un teléfono, unha dirección de correo electrónico, o nome do medio (e se é impreso ou digital), a data de publicación e, no caso de telo, o usuario da súa conta de Twitter e Facebook.

Máis información nas bases do premio