XI Premios Solidarios

Do ao

O Consello Territorial da ONCE en Galicia convoca a undécima edición dos Premios Solidarios ONCE-Galicia, que xirarán arredor ao 80 aniversario da institución e recoñecen a persoas físicas ou xurídicas que destaquen polo seu labor solidario na súa contorna de influencia, con especial atención á evolución social e ao inconformismo.

A convocatoria establece cinco categorías de premios: institución, organización, entidade ou ONG que destacara pola súa sensibilidade social; programa, artigo ou proxecto de comunicación que teña abordado de xeito destacado calquera  materia de interese social; persoa física de Galicia que destaque pola súa longa traxectoria e dedicación solidaria; empresa, preferentemente do ámbito da economía social, que contribuira de xeito significativo á promoción  e inclusión laboral de persoas en risco de exclusión; e estamento da Administración Pública que desenvolva programas e proxectos continuados na prevención da discapacidade, rehabilitación e  inclusión ou accesibilidade universal en todos os seus ámbitos.

Dende hoxe ábrese un prazo de presentación de candidaturas, que finalizará o xoves 12 de abril de 2018. As candidaturas serán públicas e abertas, podendo propoñelas calquera persoa física ou xurídica.  Deberán enviarse ás direccións de correo electrónico ssd@once.es  ou cfla@once.es, ou ben á seguinte dirección postal:  Secretaría do Consello Territorial da ONCE en Galicia. R/Cantón Grande, 3. 8ª planta- 15003 A Coruña.