XIII Premios Luís Carandell de Xornalismo Parlamentario

Do ao

Información de contacto:

Dirección de Relaciones Institucionales del Senado
Palacio del Senado
C/ Bailén, 3
28071 Madrid

O Senado convocou a XIII edición dos premios xornalísticos “Luís Carandell” de Xornalismo Parlamentario, tanto audiovisual como gráfico e escrito, nas súas dúas categorías: Parlamentarismo e Territorialidade, dotados cada unha con 4.000 euros.

Poderán ser propostas para os Premios as persoas que sexan profesionais da información, así como os medios de comunicación, que destaquen na información, divulgación ou defensa das institucións parlamentarias e do Senado e o seu carácter territorial, ben ao longo da súa traxectoria, ben nalgún dos seus traballos.

Os traballos obra poderán ter sido publicados en prensa escrita ou dixital, radio ou televisión de todo o territorio español, en castelán ou en calquera outra lingua cooficial.

As candidaturas deberán ser presentadas por asociacións de xornalistas, grupos parlamentarios ou entidades recoñecidas polo seu labor social e política en defensa da democracia e dos dereitos humanos, por correo certificado ou no Rexistro da Dirección de Relacións Institucionais do Senado (Palacio del Senado, C/ Bailén, 3, 28071 Madrid), indicando no sobre Premio Luis Carandell. O prazo de presentación de propostas finaliza o 31 de maio de 2021.