O Goberno italiano cre que o xornalista Daniele Mastrogiacomo, retido en Afganistán, "está vivo" luns, 12 de marzo de 2007 Exteriores afirma nun comunicado que seguen os contactos para verificar as intencións dos secuestradores, "coa ollada posta na inmediata liberación"
EEUU forza a xornalistas a borrar fotos da guerra luns, 12 de marzo de 2007 Obrigan a "freelances" da axencia Associated Press a eliminar o material no que se mostraba un ataque suicida con bomba contra unha caravana de militar de Estados Unidos en Barikaw
Un reporteiro da BBC, secuestrado en Gaza luns, 12 de marzo de 2007 Un reporteiro da BBC foi secuestrado por homes armados na Franxa de Gaza, informan fontes de seguridade palestinas. O xornalista, que traballa como correspondente para a cadea británica, foi identificado como Alan Johnston.
Henrique Tello, candidato do BNG á alcaldía da Coruña, estará nos 'Almorzos On/Off' do CPXG luns, 12 de marzo de 2007 A demarcación da Coruña do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), organiza o mércores14 de marzo, unha nova edición dos 'Almorzos ON/OFF' coa presenza do candidato do Bloque Nacionalista Galego á alcaldía da Coruña.
Demite o presidente do CGI de RTVE por discrepancias co seu sindicato luns, 12 de marzo de 2007 O presidente do Comité Xeral Intercentros (CGI) en RTVE, Juan Manuel Hidalgo, anunciou a súa demisión do cargo que representa a máxima autoridade de representación dos traballadores da Corporación.
RSF mostra a súa preocupación polo aumento da violencia coas mulleres xornalistas venres, 9 de marzo de 2007 As xornalistas Tatiana Mukakibibi (Ruanda) e Serkalem Fassil (Etiopía) foron os rostros presentados en España por Reporteiros Sen Fronteiras (RSF) no 30 Día Internacional da Muller, para mostrar que a organización "está moi preocupada" ante o aumento que está a experimentar no mundo a violencia cometida con mulleres xornalistas.
Enterran ó xornalista ruso Iván Safrónov sen saber se se suicidó ou foi asasinado venres, 9 de marzo de 2007 Moscova acolleu o enterro de Iván Safronóv, o xornalista que morreu o pasado venres tras caer desde unha xanela do quinto piso nun edificio de vivendas da cidade. O redactor do influente diario 'Kommersant' preparaba unha reportaxe sobre a venda de armas rusas a Siria e Irán.
Bruxelas dá o seu visto e prace ó proxecto de prexubilacións emprendido por RTVE xoves, 8 de marzo de 2007 A Comisión Europea deu o seu visto e prace ó proxecto de prexubilacións de Radio Televisión Española (RTVE) ó considerar que respecta a normativa comunitaria sobre axudas de Estado.
Google minimiza as críticas sobre dereitos de autor e di que as demandas son parte do negocio xoves, 8 de marzo de 2007 O motor de busca en internet, Google, volveu a resolver o asunto das críticas recibidas polo seu repetido incumprimento de dereitos de autor. Fixoo a través das palabras do seu conselleiro delegado, Eric Schmidt, quen puxo fin á polémica coa multinacional Microsoft alegando que ese tipo de comentarios "forman parte do contexto de negociacións".
O novo Vieiros: Entra na comunidade xoves, 8 de marzo de 2007 O primeiro é unirte á comunidade de Vieiros. Para iso simplemente tes que entrar na zona de rexistro, escoller o nome do teu Vieiros, un contrasinal de acceso e deixar un correo electrónico de contacto desde onde deberás confirmar despois a subscrición.