A Asociación de Prensa de Santa Fe condena as ameazas de morte e o covarde ataque a un xornalista

A Asociación de Prensa de Santa Fe (APSF) condena a agresión sufrida polo xornalista Pilo Monzón do Diario Uno de Santa Fe. A entidade entende que "a peor das agresions para un xornalista e á profesión é que proveña doutro xornalista".
O feito foi informado ante a APSF, polo propio damnificado, adxuntando a denuncia formulada na sede policial e ratificada en instancia xudicial, dando conta que o ocorrido se encontraría vinculado á publicación dunha noticia, tendo como protagonistas da agresión a outros xornalistas: "Maximiliano Ahumada como autor material e Juan Manuel Berlanga, quen conduciría o vehículo utilizado para a fuxida do agresor".

A covarde agresión concretouse en pleno centro da capital de Santa Fe, en horas do mediodía cando sen advertencia algunha o xornalista Pilo Monzón quen viña camiñando polo vieiro foi agredido "desde atrás e ameazado de morte, á vista de decenas de transeuntes", un dos cales interveu coa fin de controlar a Ahumada e evitar consecuencias maiores.

A APSF expresa a súa total solidariedade co xornalista Pilo Monzón e o seu máis enérxico repudio á conduta dos agresores, lamentando profundamente que ostenten socialmente o título de xornalista, xa que con este tipo de accións producen un asoballamento á liberdade de expresión, e un marcado menoscabo ó libre exercicio profesional.

A APSF expresa que "as agresions á prensa constitúen unha constante na actividade dos xornalistas a tal punto que só no ano pasado polo menos 38 xornalistas foron asasinados ós que se deben sumar agresions físicas e ameazas que se contan por miles. A profesión xornalística transformouse nun oficio sumamente perigoso".

A entidade sinala que "moito máis grave aínda é cando estas agresions proveñen de quen deben asumir o compromiso permanente de respecto á liberdade de expresión, de opinión e traballo profesional".

A Asociación de Prensa de Santa Fe sinala que o sucedido será denunciado ante a Federación Arxentina de Traballadores de Prensa (FATPREN) da Republica Arxentina, que aglutina á maioría dos sindicatos de prensa do país, e ante a Federación Internacional de Xornalistas (FIP) que representa ás federacións de xornalistas de todo o mundo.

PERIODISTAS-ES
EDUARDO BURBA
ARXENTINA