A FeSP pide ao novo Consello de RTVE que defenda a programación nas linguas autonómicas

A Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP), da que forma parte o Sindicato de Xornalistas de Galicia, fai un chamamento ao Consello de Administración da Corporación RTVE -que hoxe tomou posesión-, para que o seu obxectivo prioritario sexa defender a calidade, os criterios profesionais e o incremento de programas propios no canto de favorecer cada vez máis ás produtoras privadas. E, tamén, para que manteña a programación dos centros territoriais e a das autonomías con lingua propia, de acordo coa súa misión de difundir as linguas e culturas do conxunto do Estado español. O SXG lembra que na actualidade a programación en galego en RTVE limítase a media hora de telexornal ao día.
Deficiente aplicación do ERE

A Xunta Executiva da FeSP lamenta que a Corporación RTVE e o seu Consello póñanse en marcha sen que sexa creada unha autoridade audiovisual de ámbito estatal, prevista na lei e que ata debería emitir informes previos a algunhas decisións do Consello.

É criticable, así mesmo, que o persoal de RTVE sexa reducido á metade sen definir previamente que modelo de radio e televisión públicas quérese implantar e mostrando un claro desprezo ao informe do chamado Comité de Sabios. Eses expertos aconsellaron que non se prexubilara a unha parte do persoal por criterios de idade, pero finalmente foi este o argumento fundamental para prescindir de máis de 4.000 persoas. Ante esta situación, pedimos ao presidente, Luís Fernández, e ao resto do Consello, que corrixan as graves deficiencias coas que se está aplicando o Expediente de Regulación de Emprego.

Non malgastar unha oportunidade histórica

Durante a etapa de Carmen Caffarel recortouse amplamente a manipulación, a censura e o abuso gobernamental que existiu no Ente público durante o Goberno do PP. Pero iso non é suficiente para lograr a radio e televisión pública que a cidadanía merece. Por iso, a FeSP pide ao Consello de Administración que se dedique a fondo a resolver os graves problemas de RTVE que non se quixeron ou non se souberon afrontar ata agora.

A lei que regula a radio e televisión de titularidade estatal é aceptable, en termos xerais, polo que o novo Consello de Administración ten unha oportunidade histórica para lograr que esa norma faga posible converter nunha realidade a RTVE que queremos os profesionais e que necesita a cidadanía. Haberá que esperar a ver se ese órgano cumpre as expectativas que existen, para o que é imprescindible que os seus integrantes esquézanse de que foron elixidos tras unha 'repartición' entre partidos, sen respectar nin sequera as formas, aínda que finalmente a súa designación corra a cargo do Parlamento.

MADRID
SXG / FESP