A presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre, denunciada por discriminar ás radios sen ánimo de lucro

A Unión de Radios Libres e Comunitarias madrileñas (URCM) e a Federación Rexional de Asociacións de Veciños de Madrid (FRAVM) presentaron alegacións contra o concurso para a adxudicación de emisoras de radio convocado pola Comunidade de Madrid, por o considerar "discriminatorio" e un obstáculo para o acceso de organizacións sociais. Unhas queixas que onte presentaron ó Defensor de Pobo, segundo confirmou a elplural.com o representante de URCE, Mariano Sánchez.
Estas asociacións denuncian tamén as presas coas que as comunidades gobernadas polo PP convocaron "concursos express" en plena campaña de cara ás eleccións municipais.

Ó concurso de adxudicación convocado pola administración de Esperanza Aguirre presentáronse 495 ofertas para 21 licenzas. Só 14 non proceden de empresas: 12 foron presentadas por diversas entidades relixiosas e só 2 proveñen de entidades cidadás sen ánimo de lucro. Mariano Sánchez critica que se lles meta no mesmo paquete que as emisoras comerciais, xa que "nunca van poder competir nas mesmas condicións".

O representante de URCM denunciou que "o procedemento para a adxudicación de concesións de radio é discriminatorio e impide na práctica que entidades sen ánimo de lucro poidan acceder a frecuencias". Ademais, Sánchez argumentou que "os criterios de valoración" para decidir a quen se adxudica a emisora entre as ofertas presentadas "benefician a empresas, polo que todas as frecuencias se van destinar a emisoras comerciais".

Ó longo deste ano as comunidades autónomas están a adxudicar as frecuencias de radio trasferidas polo Goberno. As comunidades que máis présa se deron en adxudicar as 866 frecuencias trasferidas foron as gobernadas polo PP La Rioja, Madrid, Baleares, Valencia e Murcia, que xunto con Andalucía, gobernada polo PSOE, convocaron "concursos express" para a adxudicación.

As radios comunitarias denuncian, segundo Mariano Sánchez, que "a xestión dun servizo público como é a radiodifusión se reparta con concursos express e en plenas eleccións municipais". A actual adxudicación podería desprazar algunhas destas emisoras no dial, que en xeral, acostuman ocupar o intervalo de 106 a 108.

PERIODISTAS-ES
MADRID