A redacción de 'Le Monde' oponse a un terceiro mandato do seu director Jean-Marie Colombani

A redacción do vespertino francés 'Le Monde' opúxose á candidatura do presidente do directorio do grupo, Jean-Marie Colombani, ó terceiro mandato ó que aspiraba.
Colombani, de 58 anos, recibiu a favor só o 48,49% dos votos da redacción. Necesitaba polo menos un 60%.

O persoal de 'Publications de la Vie Catholique' (PVC), que tamén forma parte do grupo de prensa, tamén se opuxo á candidatura de Colombani a un terceiro mandato. No mesmo sentido pronunciáronse os xornalistas do diario 'Midi Libre'.

Colombani, que accedeu á dirección de 'Le Monde' en 1994, foi reelixido no 2000 e lanzou unha estratexia para transformar o diario nun gran grupo de prensa a golpe de adquisicións.

Para facer fronte ás súas dificultades financeiras, 'Le Monde' lanzou en 2004 un proxecto de reestruturación, que culminou en outubro de 2005 cun aumento de capital de 65 millóns de euros e a entrada no accionariado do español Prisa, o francés 'Lagardere' e o italiano 'Stampa'.

EL MUNDO/EFE
PARIS