A Rede de Colexios de Xornalistas convida a vicepresidenta do Goberno a a avanzar na autorregulación da profesión coa creación do Consello Xeral

Encontro dos decanos dos Colexios de Xornalistas en Sevilla en marzo do 2017

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas convida á vicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo, a avanzar na autorregulación da profesión coa creación, por Lei, do Consello Xeral de Colexios de Xornalistas. Neste sentido, os colexios lembran que precisamente este mes de xuño se reuniron na Cámara Baixa cos grupos políticos para pedirlles que desen un impulso a unha normativa largamente demandada pola profesión.

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas tende a man así á vicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo, quen durante a súa intervención nunhas xornadas da Asociación de Xornalistas Europeos manifestou que "a liberdade de expresión non o resiste todo, non o acolle todo e que a UE terá que empezar a revisar de forma conxunta a lexislación sobre este asunto porque os países membros necesitan seguridade".

Os Colexios Profesionais de Xornalistas precisan, en calquera caso, que as propostas gobernamentais que pretendan condicionar o desempeño profesional dos xornalistas é un ataque directo e inxustificado á liberdade de información, un dos alicerces sobre os que se debe sustentar calquera sociedade democrática. A este respecto, a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas lembra que o único control que debe ter un xornalista é o código deontolóxico da profesión e a autorregulación. Así mesmo, aquelas persoas ou entidades públicas ou privadas que consideren que son vulnerados algún dos seus dereitos por parte dun xornalista ou dun medio de comunicación teñen sempre a opción de acudir á xustiza, para que sexa esta quen determine si houbo algunha actuación non acorde á lei.

Neste sentido, a intervención da vicepresidenta do Goberno deixa patente a necesidade urxente da creación do Consello Xeral de Colexios Profesionais de Xornalistas, entidade de dereito público que precisamente pode actuar de autorregulador dentro da profesión e sempre baixo o criterio de profesionais xornalísticos, loitando contra todas aquelas actuacións que non cumpran o código deontolóxico da profesión.

En relación á proliferación das 'noticias falsas' a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas destaca que precisamente son os medios de comunicación quen mellor poden combater a difusión de información interesada e manipulada, diferenciándose polo tanto dos pseudo medios de comunicación e redes sociais, que actúan baixos outros criterios moi diferentes ao estritamente xornalístico. Para iso é necesario que precisamente os profesionais que traballen nun medio de comunicación teñan a titulación correspondente e deste xeito, conten cos coñecementos necesarios
para desenvolver un xornalismo de rigor e sempre baixo o código deontológico do xornalismo.

Ademais, a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas insta ao Goberno a fomentar maior formación e divulgación sobre o tratamento dos medios e as noticias entre a cidadanía e especialmente entre os novos. Deste xeito, conseguiríase ter unha sociedade máis crítica que sexa capaz de detectar 'noticias falsas', diferenciar os medios de comunicación doutros emisores de información e identificar o que é información ou
opinión.

Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas constituíuse o 14 de xuño de 2018 e está formada polos nove Colexios Profesionais de Xornalistas que actualmente existen en España (Andalucía, Asturias, Castela e León, Cataluña, Galicia, A Rioxa, Murcia, Navarra e País Vasco). 

REDE DE COLEXIOS PROFESIONAIS DE XORNALISTAS