A Rede de Colexios de Xornalistas esixe unha rectificación pública á fiscal xeral do Estado tras apoiar as dilixencias levadas a cabo en dous medios de comunicación baleares

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas esixe á fiscal xeral do Estado, María José Segarra, unha rectificación pública tras o respaldo manifestado pola Fiscalía do Estado ás dilixencias policiais levadas a cabo onte nos medios de comunicación Diario de Mallorca e Europa Press Baleares.

Así mesmo, a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas pide a devolución inmediata do material e a documentación incautada aos xornalistas deses dous medios, xa que dita incautación é unha vulneración do dereito ao segredo profesional dos xornalistas que se recoñece na Constitución Española. Desde a Rede considérase inadmisible que a Fiscalía do Estado se acolla aos artigos 573 e 575 da Lei de Enxuizamento Criminal para defender estas dilixencias, polo que se reserva o dereito a acudir ás instancias que sexan necesarias, por exemplo o Tribunal Constitucional, para defender os dereitos fundamentais dos xornalistas.


Por último, a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas lembra que levan catro décadas esperando a Lei Orgánica que desenvolva o segredo profesional, polo que insta as institucións pertinentes a que afronten este mandato constitucional, para o que a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas mostra a súa total colaboración.


Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas


A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas constituíuse o 14 de xuño de 2018 e está formada polo nove colexios profesionais de xornalistas que actualmente existen en España (Andalucía, Asturias, Castela e León, Cataluña, Galicia, A Rioxa, Murcia, Navarra e País Vasco).

REDE DE COLEXIOS DE XORNALISTAS