A TIC realiza un vídeo para a súa proxección no IV Congreso da Sociedade Galega de Nefroloxía

Presentación do IV Congreso da Sociedade Galega de Nefroloxía (Foto: Fundación TIC)

A Fundación TIC realizou un traballo audiovisual que percorre a historia da nefroloxía en España, dende a aplicación da primeira hemodiálise, no ano 1957, en Barcelona, ata a actualidade. O vídeo crea unha liña de tempo entre os acontecementos mais salientables no pais e na provincia de Lugo.

A proxección terá lugar, este venres, día 10 de novembro, na inauguración do IV Congreso da Sociedade Galega de Nefroloxía, na Deputación de Lugo.  Ao simposio asistirán preto dun centenar de nefrólogos de toda Galicia, León e Madrid.

O vídeo, de mais de tres minutos de duración, reflicte a través de imaxes de arquivo os avances tecnolóxicos e de tratamento das enfermidades renais acadados no último medio século.

A TIC  cos enfermos renais

Esta achega á Sociedade Galega de Nefroloxía súmase á estreita colaboración que a TIC mantén coa Asociación para a Loita de Enfermidades Renais, ALCER Lugo. A entidade sen ánimo de lucro conta con 450 socios na provincia , aos que  presta todo tipo de servizos e apoio.

FUNDACIÓN TIC