Ana Blasco: ″Necesitamos maior profundidade e perspectiva na análise dos datos da pandemia″

Ana Blasco é xornalista e traballa no Faro de Vigo, desde onde se encarga de cubrir a actualidade sanitaria que máis afecta á contorna viguesa. Desde o comezo da pandemia, a COVID-19 marca a súa axenda diaria. Antes, formou parte da redacción do xornal La Opinión de A Coruña.

–Cal cres que debe ser o papel do xornalismo nesta pandemia? 

É unha infección nova que trastornou a vida de todo o planeta. O xornalismo ten un papel fundamental á hora de trasladar á cidadanía, con información contrastada e especialistas na materia, as novidades e achados que vaian xurdindo e axuden a disipar as incógnitas sobre como debe actuar no día a día. 

Creo que os medios galegos están a facelo bastante ben neste aspecto, salvo algún caso que se me vén á cabeza no que serviron de altofalante para dubidosas recomendacións. Por outra banda, tamén está a concienciación social sobre as medidas de prevención. É algo no que me insisten moitos médicos e sanitarios cos que falo. Moi a miúdo. Piden que usemos as nosas canles para que a xente vexa que esta enfermidade é seria e que a responsabilidade de freala é de todos. 

Accede á entrevista completa para colexiados e colexiadas aquí