Buscarán futuro presidente de 'Le Monde'

O consello de vixilancia do diario francés Le Monde, composto por accionistas do prestixioso rotativo, iniciou onte unha serie de entrevistas con catro candidatos para seleccionar ó futuro presidente do diario.
Os catro candidatos teñen experiencia na dirección ou presidencia de numerosas publicacións francesas. Trátase de Alain Genestar, Pierre Jeantet, Philippe Thureau-Dangin e Bruno Patino, precisaron fontes do diario.

O consello buscará hoxe un consenso entre os seus membros para designar a un dos catro aspirantes. O aspirante deberá recibir o visto e prace do consello de redacción do diario, composto por xornalistas, nunha votación que se celebrará durante este mes. Posteriormente o nome do candidato deberá ser de novo ratificado por un novo consello de vixilancia a finais deste mes, segundo as fontes.

O aínda presidente de Le Monde, Jean-Marie Colombani, viuse obrigado a abandonar o cargo tras o rexeitamento dos xornalistas do diario a renovarlle o seu mandato nunha votación celebrada en maio. O diario atravesa desde fai varios anos por unha crise financeira que o levou a endebedarse.

EL FINANCIERO
PARIS