Celebrada a Xornada Presencial do Foro sobre Comunicación e Discapacidades

A Fundación Luís Seoane da Coruña acolleu este 16 de decembro a xornada presencial do Foro Internacional sobre Comunicación e Discapacidade, organizado polo Observatorio dos Medios. Deste encontro entre as asociacións, o ámbito académico e o xornalismo vanse tirar unhas conclusións comúns que serán publicadas no foro virtual para o seu debate antes da súa publicación final.
En poucos días está prevista a disponibilización na rede destas conclusións, para ser contrastadas no foro virtual con todos os participantes. Por outra banda, o foro virtual continuará aberrto para permitir o acceso e debate sobre todos as comunicacións e experiencias remitidas.