Contra as roldas de prensa sen preguntas e outras anomalías informativas

Os xornalistas, medios de comunicación e organizacións profesionais asinantes deste manifesto
ESTAMOS INDIGNADOS ante os reiterados intentos de manipulación da información e de presión SOBRE o traballo profesional dos xornalistas, protagonizado desde distintos estamentos, especialmente desde os partidos políticos.

Unha das manifestacións máis bastas e elocuentes desta estratexia está na deterioración e mal uso de procedementos tan clásicos como as conferencias de prensa, que teñen como obxectivo dar explicacións á opinión pública e responder ás preguntas dos informadores. Son moitos os políticos que fuxen deste procedemento para refuxiarse en declaracións unilaterais que non admiten contraste. Unha actitude coa que pretenden que os xornalistas sexamos meros copistas do que din. O nefasto xornalismo declarativo co que queren substituír ao xornalismo de feitos.

A modificación da lei electoral para impor aos xornalistas das televisións privadas os criterios de falsa proporcionalidade e neutralidade que xa aplican as públicas supón unha medida inconstitucional, unha falta de respecto ao criterio informativo dos profesionais e unha manipulación inaceptable.

ESTAMOS INDIGNADOS ANTE ESTA ESCALADA DE IMPEDIMENTOS Á INFORMACIÓN E PEDIMOS AOS COMPAÑEIROS XORNALISTAS E AOS RESPONSBALES DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN QUE NON SECUNDEN ESTAS PRÁCTICAS, QUE DETERIORAN A CREDIBILIDADE DOS MEDIOS E DOS XORNALISTAS.

ESTAMOS INDIGNADOS e esiximos desenvolver o noso traballo sen restricións de ningún tipo por parte dos partidos políticos. Unha esixencia profesional e un dereito dos cidadáns a recibir unha información veraz e contrastada, do que os xornalistas somos intermediarios.

ESTAMOS INDIGNADOS e esiximos que non se convoquen roldas de prensa sen admitir preguntas. Comprometémonos a denunciar e a sinalar a aqueles políticos que o fagan e, se persisten, os responsables dos medios asinantes comprometémonos a deixar de cubrir ese tipo de convocatorias.

FEDERACIÓN DE ASOCIACIONES DE PERIODISTAS DE ESPAÑA (FAPE)
ASOCIACIÓN DE LA PRENSA DE MADRID (APM)
COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA
COL·LEGI DE PERIODISTES DE CATALUNYA
CONSEJO DE INFORMATIVOS DE TVE
CONSEJO DE INFORMATIVOS DE TV3