Crean un robot en Israel para asisitir pacientes en operacións medulares

Científicos israelís desenvolven un robot en miniatrura para guíar aos cirurxiáns en operacións de médula espinal. Os médicos afirman que o robot reduce as posibilidades de danar aos pacientes, nunha das operacións máis complexas, polos altos riscos que corre o paciente.
Unha vez na columna vertebral, "SpineAssist", que así se chama o robot, moverase desde fóra, mediante control remoto, utilizando un sistema de propulsión: as súas dúas colas permítenlle tanto avanzar como desplazarse cara á esquerda e á dereita.

Usando os sistemas de visión artificial e procesamento de imaxes (GPS), o robot pode navegar polo interior do corpo do paciente, antes da operación, pode identificar a mellor posición para os implantes necesarios, e elabora un esquema para os colocar.

Tras avaliar e aprobar as recomendacións do robot, os cirurxiáns insiren os instrumentos cirúrxicos a través do brazo do robot, no lugar exacto, evitando danar nervios e tecido da columna vertebral e minimizando así o risco de tocar puntos vitais.

Coa axuda do robot, de 2 milímetros de diámetro y 15 de largo, poderán introducirse implantes no corpo do paciente case sen riscos colaterais. Os cirurxiáns non precisan radiografías continuamente, e os pacientes só quedan expostos a un 2% da radiación habitual nas operacións de médula espinal.

O mecanismo servirá, por exemplo, para realizar biopsias ou aplicar medicamentos en puntos moi determinados, segundo explica o Profesor Moshe Shoham, director dos laboratorios de robótica do Instituto de Tecnoloxía Technion de Haifa (Israel) . Shoham xa desenvolveu un robot similar que asiste en operacións de lombo: "é máis grande, actúa desde fóra e actualmente emprégase en tres hospitais de Israel e en dez de EEUU.

FWWWRANDO