Curso de CiberXornalismo na facultade de CC. da Comunicación da USC

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e a facultade de Ciencias da Comunicación da USC organizan, coa colaboración de Unión Fenosa, a 6ª edición do curso de formación continua para xornalistas.
Baixo o epígrafe de CiberXornalismo. Producción de Contidos para a Rede, este curso vaise desenvolver na facultade compostelá entre o 26 de outubro e o 30 de xaneiro de 2007.

O día 19 de setembro abriuse o prazo de preinscrición, que se fechará o 12 de outubro. O prezo do curso son 150 euros, e conta cun desconto para colexiados do CPXG de un 50%.